Onte a noite vendo a tele ocorréuseme facer unha entrada sobre un anuncio có que creo que tódolos galegos ou a maioría deles nos sentimos identificados.
Creo que a todos nos pasou que a primeira vez que vimos o primeiro
anuncio desta cadea pensamos que podía
ser de mil cousas; de telefonía, de coches, de institucións publicas...
O longo do corto, íanos gustando máis e
dicindo que razón ten, ó mesmo tempo que nos riamos de nos mesmos, das nosas
costumes, dos nosos dicires...
E así o final do mesmo, sentiamos
orgullo e satisfacción de ser GALEGOS E
GALEGAS a vez que quedabamos ca boca aberta de ver de quen era e que publicitaba.
Pasado o tempo houbo outros anuncios
que seguían resaltando as cualidades dos galegos e así ata o dia de hoxe donde
os anuncios do Gadis seguen sendo unha exaltación das virtudes, costumes e crenzas
dos galegos e desta Terra Meiga.
Porque no fondo
MALO SERÁ!!
E que mellor desenvolvemento
comunitario é dicir que; VIVAMOS COMO GALEGOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario