Si as escolas matan a
creatividade, porque seguimos levando os nosos pequenos e pequenas a elas?
Non creo que as escolas fixeran, fagan e faran
tanto dano nos rapaces, considero que a educación, facendo referencia a
aprender e consolidar conceptos históricos, matemáticos, biolóxicos, físicos e
químicos, lingüísticos… debense ensinar na escola, e deben de ser dados por
persoas formadas para iso. A parte de que nas escolas se ensine, e se intente
de que os rapaces aprendan e consoliden conceptos de tódalas asignaturas que
teñen, dende as escolas non se poden olvidar de outras materias, non menos
importantes pero que dende os consellos de educación están algo olvidadas como
por exemplo, o deporte ou educación física, a música, a danza, a tecnoloxía, as
prácticas en laboratorio…
Creo que todos estamos de acordo
en que ‘Se a lección e divertida nunca se olvida’ por iso temos que facer para
que os rapaces os e as alumnos e alumnas pasan un rato agradable estudan, así
persoalmente, o fracaso escolar seguramente descendería, o motivo polo cal
penso isto e que non fai tanto… eu tamén tiña mil asignaturas, maís
concretamente oito materias diarias, nas cales na maior parte delas estaba
pensando canto faltaba para o recreo ou canto faltaba para marchares para a
casa. Pero mentres que nalgunhas asignaturas deseaba que pasara o tempo voando,
noutras todo o contrario moitas veces gustariame que a clase durase mais tempo,
o porque disto? Estou moi segura que era
porque as clases de música, tecnoloxía, educación física, eran materias
dinámicas, nas que faciamos diversas actividades, pero o mais atractivo para
nos era que eran asignaturas nas que estábamos en continuo movemento.
Para rematar o meu pequeno
discurso considero que os profesores deberian facer as clases máis dinámicas xa
que así os alumnos e alumnas atenderíamos máis, e debían de evitar que os
rapaces chaparan xa que este método o único que fai e que memoricemos as
leccións para o exame e logo nos olvidemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario