viernes, 24 de febrero de 2012


Videos de Callejeros.

Despois dos videos vistos na clase sobre ‘Animación Sociocultural y Desarrollo Comunitario contra el Paro Proyectos de ASC’ solo me cabe destacar as boas iniciativas que tiveron esta serie de emprendedores e empresarios, xa que mais que ó beneficio lucrativo, de enriquecemento propio, o que eles perseguen e a creación de postos de traballo para persoas pertencentes a algún dos grupos da sociedade  que poden estar en risco de ser excluidos, ben pola súa idade, sexo, situación económica…

Así mesmo, iniciativas como estas fan unha sociedade máis humana e comprometida con un mesmo e cos demais, xa que dar traballo a persoas que como xa dixen anteriormente, poden estar en risco de exclusión social, leva a creación dunha sociedade mais competente, formada e sobre todo a unha cidadanía mais  tranquila, formando parte dela, xa que  estas persoas ven que están integradas na sociedade, que forman parte activa dela, e que a mesma, ten algo que lles ofrecer, y esta xente tan algo que ofrecerlle a súa comunidade.

Outro colectivo da sociedade que tamén ten problemas a hora de atopar o seu primer traballo, ou simplemente un traballo, e a xente nova. Os mozos e mozas tanto con estudios como sen eles, ven moi difícil atopar un traballo, e mais dende hai uns anos para aquí debido a crise mundial que estamos sufrindo, por eso proxectos como o visto no video, sobre La Xunta, fan que a xente nova teña unha oportunidade mais para poder acceder o mercado laboral, ofrecendoselle o seu primeiro traballo, e asi poder coller experiencia laboral, recurso moi demandado nestes tempos.

Para rematar preguntome eu; se a xente nova sempre se nos pide experiencia laboral, como a imos coller se ninguna empresa se ofrece a formarnos e a darnos un voto de confianza?

No hay comentarios:

Publicar un comentario