domingo, 11 de marzo de 2012

... hoxe fai un ano

Hoxe dia 11 de marzo de 2012 fai un ano que se produciu o terremoto e posterior tsunami que inundou a costa de Xapón. Foi un terremoto de magnitude 9,0 na escala de  Richter, creou olas de maremoto de hasta 40,5 metros. O terremoto sucedeu as  14:46:23 hora local do vernes 11 de marzo de 2011.

O epicentro do terremoto ubicouse no mar , fronte a la costa de Honshu,

O terremoto durou aproximadamente 6 minutos según os expertos, e  ocurreu a causa dun desprazamento entre a placa do Pacífico que se moveu en dirección a placa Norteamericana.

Esto produciu un posterior accidente nuclear que durante meses tivo en vilo a todo o mundo, comprendeu unha serie de incidentes, tales como as explosións nos edificios que albergaban os reactores nucleares, fallos nos sistemas de refrixeración e liberación de radiación ó exterior, rexistrados como consecuencia dos desperfectos ocasionados polo  terremoto.

Morreron 15.852 persoas e a dia de hoxe seguen desaparecidas 3.287, mentres que 250.000 seguen sen poder regresar os seus fogares.

O tsunami asolou máis de 1.300 quilómetros da costa do Pacífico

No hay comentarios:

Publicar un comentario